xoves, 5 de outubro de 2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O mércores, 4 de outubro, xuntáronse  por primeira vez no presente curso os compoñentes do club de lectura arredor de "La biblioteca de los libros rechazados" de David Foenkinos.
Fíxose curto o tempo. Había tanto que non nos viamos! Tres meses dá para moitas lecturas e había certa ansiedade por comentar as lecturas desenterradas, parafraseando o lema do noso proxecto.

Imaxe relacionadaConcluímos que o éxito literario ten que ver con ter oficio, que os deuses do mundo editorial te promocionen, estar xustiño no momento preciso onde hai que estar, unha biblioteca de libros rexeitados pode ser unha boa escusa; e claro, despertar o interese dos lectores, sexa polo que sexa: sen eles non hai éxito.  Todo faciliño!!

Falaremos de novo o mércores 9 de novembro na biblioteca do Torrecino ás 19:30h. "A dúbida" de María Reimóndez, publicado por Xerais será a obra a comentar.

Se queres saber máis da autora clica aquí.

Non vos esquecer de visitar as nosas bibliotecas ou o portal https://www.galiciale.gal/ se precisades un exemplar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario