Dende que comezamos o curso baixo o epígrafe xeral de DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS a colaboración entre distintos departamentos: equipos docentes de nivel, equipo de dinamización da lingua, tecnoloxías da información e comunicación, familias e biblioteca escolar fan avanzar os proxectos multidisciplinares.
 |
As lendas expostas no mural |
 |
O dito recolle que a sorte cambia co gato negro |
Neste caso os calacús, butefas ou cabazas do SAMAÍN toman forma de serea seguindo os trazos da lenda que nos achega ao Buraco da Londra, da Pedra Fendida, do Home do Saco, ...
 |
Traballamos lendas, recollemos, ilustramos, dixitalizamos e transformamos a cabaza nun ser mítico. Serea da Cova da londra |
A tradición de dar medo cos calacús con candeas no seu interior evoluciona; pero a transformación é espectacular e queremos comparttir con vós esta marabilla.
 |
O Home do Saco que citaban os avós para meter medo. |
 |
Detalle do saco do Home do Saco |
Ningún comentario:
Publicar un comentario