venres, 6 de outubro de 2017

VISITA DE JULIO SANTOS PENA

Os alumn@s de 1º e 2º de Primaria remataron a semana coa visita dun dos últimos mestres da Illa de Ons,  Julio Santos Pena.


Contoulles numerosas anécdotas da vida na illa (a principios da década dos 70) destacando as diferenzas coa actualidade, sobre todo no que ao aspecto social se refire. Xa que naqueles momentos todavía vivían alí varios centenares de persoas e funcionaban dúas escolas: a masculina e a feminina.
Santos anunciou que está a piques de publicar un libro titulado: "Ons no meu corazón", que será presentado en Bueu,. Nel a través de 25 relatos conta as súas experiencias como mestre en Ons.
Os nen@s despediron ao mestre con numerosos aplausos ao remate da súa intervención.


 Moitas grazas por vir!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario