Ola a tod@s!!
Este ano o noso colexio encárgase da celebración do 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero. O venres faremos unha presentación no Centro Social do Mar de Bueu contando coa presenza dos outros colexios e as autoridades do Concello. O primeiro que fixemos foi escoller un slogan: "Non escondas as túas bágoas", depois elaboramos un vídeo, os alum@s de 5º de Pirmaria fixeron un manifesto e o mestre de música compuxo unha canción que cantarán os nen@s de 3º a 6º de Primaria. Na biblioteca temos expostos no corredor libros relacionados coa temática e durante a semana faremos apadriñamentos lectores e lecturas colectivas.
Moitos bicosss!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario