venres, 24 de novembro de 2017

CELEBRACIÓN 25 DE NOVEMBRO

Hoxe no centro social do mar de Bueu celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Comezou coa presentación realizada pola concelleira, despois os nosos alumn@s dende 3º ata 6º de Primaria cantaron e tocaron as frautas acompañando o vídeo feito con todos os nen@s do centro. E a continuación os alumn@s de 5º de Primaria leron o manifesto elaborado por eles. 
Despois de falar a directora do CIM, fíxose a entrega de premios do XV Certame do concurso de carteis contra a violencia de xénero que organizou o concello.  A nosa alumna Xiana Dios foi a gañadora entre o alumnado de Primaria. 
E para rematar, o alcalde de Bueu dixo unhas palabras como peche do acto.
Non esquezades o noso slogan: "Non esondas as túas bágoas".





Ningún comentario:

Publicar un comentario