venres, 10 de novembro de 2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

"A DÚBIDA" de María Reimóndez  publicada por Xerais foi o nexo de conexión da última xuntanza do club. A obra fora premiada no XIV de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Nesta entrada de culturagalega.org tendes unha reseña.
Libro de lectura áxil que desenvolve o seu argumento arredor do tema dos abusos a menores. 
Na comunidade educativa, como as nais e docentes presentes manifestaron, existe sempre unha enorme preocupacion por calquera dos posibles maltratos e acoso aos nenos polo que artellar alarmas é sempre unha imprescindible necesidade. O noso centro educativo continua desenvolvendo, por segundo ano consecutivo, un programa de titoría entre alumnos para previr o acoso escolar.



O próximo encontro será o 12 de decembro, ás 19:30h e os comentarios serán desencadeados pola lectura de "EL NIÑO QUE QUERÍA CONSTRUIR SU MUNDO" de Keith Stuart publicado por Alianza editorial.
O autor é xornalista e responsable de videoxogos do diario The Guardian. O seu fillo foi diagnosticado como TEA (Trastorno do Espectro Autista) no 2012.
As pesquisas iniciais falan dun libro que se aproxima ao autismo cunha enorme sensibilidade e moito humor, partindo da propia experiencia do autor. Foi traducido xa a vinte idiomas.
En "Educación 3.0" tendes unha entrevista co autor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario