mércores, 1 de novembro de 2017

CONTOS NO SAMAÍN

Menudo Samaín!!!
Este ano os nosos alumn@s escoitaron na biblioteca contos de medo narrados por Luis Davila e Mari Acuña. 


Para os máis cativos contaron. "A bruxa regañadentes", "Verlioka" e "Onde viven os monstros". Para os nenos/as de Primaria contáronlle lendas da Illa de Ons: "A galiña dos ovos de ouro", "A serpe e o neno", "O burato do inferno"...

Verlioka
A bruxa regañadentes


Onde viven os monstros

Lendas da contorna


E para rematar a xornada contamos con Rubén Bastón, que narrou "Garavanciño", "A casa da miña avoa" e "O xigante do pantano" aos de Infantil. Foi moi divertido xa que foi amenizado con música.



Moitísmas grazas por vir Luis, Mari e Rubén!!!!

3 comentarios:

  1. Un pracer compartir con tod@s @s nen@s un día tan terrorífico e tan divertido! Grazas os papas e mamas participantes, mestres, anpa... e sobre todo @s pequenos por ser un publico tan agradecido!!!!
    Por certo esa bruxa das pócimas era un auténtico terror! Parabéns polo voso traballo!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas a vos. Coa colaboración dos pais e nais conseguimos que fose un día "terrorífico"

    ResponderEliminar