venres, 26 de xaneiro de 2018

SEMANA DA PAZ

Esta semana comezamos a preparar todo para a celebración do "Día da Paz". No corredor da biblioteca temos unha exposición de libros desta temática.


Co mestre de música estamos preparando unha canción para cantar tod@s juntos no patio dito día. Os alumn@s de 3º e 5º de Primaria elaboraron carteis de prezos e publicitarios para o Mercadillo Solidario que faremos con obxectos que aportaron as familias. Os cartos serán doados a Protectora de Animais do Morrazo.


Resaltar tamén que os nen@s de 5º de Primaria xa fixeron programas de radio nos que fan publicidade do noso Mercadillo e entrevistaron as voluntarias da Protectora, que nos visitaron esta semana. Aquí tendes o enlace:

 E para rematar a semana, veremos videos sobre esta temática na biblioteca na hora de ler para despois reflexionar en gran grupo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario