Esta semana loitamos pola paz con diferentes actividades.
O Día 30 de xaneiro saímos ao patio alumn@s, mestres e familias, escoitamos o manifesto dos nen@s de 6º de Primaria e cantamos todos xuntos "O Baile da Paz de Mama Cabra". Despois tomamos chocolate con churros e rematamos co Mercadillo Solidario, no que recadamos 600 euros para a protectora de animais do morrazo.
Para rematar a semana acudimos por grupos a biblioteca para ver vídeos relacionados coa temática e despois facer unha tertulia.
Os vídeos foron os seguintes:
Infantil: "Cuento de Wangari"
1º, 2º e 3º: "Tu actitud lo es todo"
4º, 5º e 6º: " Invisibles. Niños soldado"
Ningún comentario:
Publicar un comentario