luns, 12 de febreiro de 2018

MASCALLEIROS DE CELA

Antigamente na nosa parroquia, cando non abundaban os cartos para mercar disfraces, a xente vestía os farrapos que atopaba no faiado canto máis descombinados mellor. E desa guisa ían petando nas portas das casas para recibir unhas ricas chulas. 

Este ano, en Cela, recuperamos esta tradición disfrazándonos de “mascalleiros” e así seguimos desenterrando os nosos tesouros!


Antes do Entroido, nas aulas, traballamos a figura dos Mascalleiros (preguntando nas nosas casas ou vestíndonos na aula) e despois elaboramos coas nosas caras un. Con eles fixemos un orixinal mural que temos exposto no colexio.



Un día da semana pasada, Torriño propuxo que nos vestíramos de mascalleiros e foi moi divertido buscar roupa na casa e vir á escola con esta vestimenta.
Pero o máis xenial foi descubrir que os alumn@s de 5º de Primaria decidiron recuperar esta tradición. O sábado 10 de febreiro, coa axuda das familias, vestíronse de Mascalleiros e visitaron ás casas dos veciños pedindo chulas. 


Noraboa rapaces!!!!
















Ningún comentario:

Publicar un comentario