luns, 26 de febreiro de 2018

VISITA DE RAQUEL QUEIZÁS

Hoxe na nosa biblioteca os nen@s de Infantil e 1º e 2 ºde Primaira tiveron a visita de Raquel Queizás. 
Tiña unha maleta con moitas letras e a que non sabedes quen estaba dentro? 


O seu amigo Nano!!!!


Raquel contounos o conto "A viaxe de Nano" de creación propia. Nel Nano ten un gran problema: É moi egoísta e non comparte!! Finalmente consegue entender cales son as consecuencias de non compartir e decide cambiar o seu comportamento.


 Durante a narración do conto, os nosos alumn@s estiverom moi atentos e non pararon de rir.


E rematamos facendo unhas das cousas que máis nos gusta: Bailarrr!!!


Moitas grazas a Raquel e a editorial SM. Bicos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario