mércores, 21 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA

Seguimos "Desenterrando os nosos tesouros" e este ano, para celebrar o Día da Poesía, tivemos obradoiros na biblioteca coa poetisa do noso pobo Míriam Ferradáns. 



Comezaron os alumn@s de 1º, 2º e 3º de Primaria que por grupos fixeron un xogo no que a unha formiga lle tiñan que poñer nome e contar algo sobre ela con rima. 






Tamén con palabras soltas tiveron que descifrar a mensaje: "No meu sorriso debúxanse as estrelas. Os meus ollos son a chave do mundo".



No segundo grupo foron os nen@s de 4º a 6º de Primaria, o primeiro que fixeron, por grupos, foi completar un poema incompleto de Antonio García Teijeiro. A continuación con sobres que tiñan seis palabras tiñan que elaborar un poema. E para rematar descifraron a mensaje coas palabras soltas.






A xornada rematou cos máis cativos do colexio. Míriam deulles unha pegatina en branco e tiveron que pensar con que rimaba o seu nome. Despois traballaron as rimas coas profesións que queren ser de maiores.




Para rematar a xornada, Míriam foi entrevistada en Radio Faladoiro polos alumn@s de 4º de Primaria. A continuación a podedes escoitar.



Moitas grazas por vir Míriam!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario