O noso proxecto titulado: "Desenterrando os nosos tesouros" está relacionado coa nosa contorna. No noso pobo antigamente había a conserveira "Massó", nela traballaban moitas familias... e, sobre todo, mulleres.
Polo que, hoxe tivemos a visita de Covadonga, a directora do museo Massó. Comezou explicando que no seu traballo planifica e organiza as actividades do museo. Despois falou como naceu e creceu a fábrica de Massó destacando que sobre todo traballaban mulleres. Elas limpaban o peixe, enlataban, cargaban camións, mariscaban (ameixas, navallas...), arranxaban redes, levaban o peixe sobrante a praza... E cando chegaban as súas casas seguían traballando. Para rematar a xornada, Covadonga foi entrevistada en Radio Faladoiro por tres nenos de 3º de Primaria.
Moitas grazas por vir!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario