xoves, 5 de abril de 2018

O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS


O bosque dos raposos aforcados foi a razón que xuntou nontronte aos compoñentes do club de lectura de adultos:
“… lectura entretida e amena”, “… o autor Paasilinna volveunos agradar”, “… disparatadas aventuras cuns personaxes extravagantes” “ …respecto e coñecemento da natureza…”. Foron algúns dos comentarios.
O tradutor acaparou tamén a atención ao utilizar o seseo e a gheada como trazos dialectais dalgúns dos personaxes da Laponia. A editorial Rinoceronte, sita en Cangas, achegounos a Arto Paasilinna ao idioma galego.

Leila Slimani a autora
Tapa de Canción dulce
A vindeira sesión será o próximo 8 de maio para comentar ”Canción dulce” de Leila Slimani.
 Agasallada co premio Goncourt 2016, Leila, nace en Marrocos no ano 1981. Canción doce é a súa segunda novela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario