luns, 30 de abril de 2018

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

García Teijeiro acariñou con versos a nosa imaxinación e sentimentos nun diálogo sobre a poesía e a súa obra.
Preguntounos que era para nós o mar e narrounos o que evocaba no poeta. Lembrounos algúns dos seus versos na propia palabra do autor.
Ao fondo o mural sobre a obra lida


Falounos da importancia da lectura, a escritura e o seu afecto pola escola despois de tantos anos de docencia. Ah! Non esquecemos a súa paixón polo deporte que tan ben combinou coa lectura.

Asinou "Lendo lendas, digo versos" coautor con Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas, editado por Xerais, que tivo a xentileza de facilitarnos o encontro; escoitou pacientemente as nosas preguntas e gravou cos nenos e nenas de cuarto unha entrevista en Radio Faladoiro.

Asinou no libro de visitas e os exemplares do alumnado
Gracias Antonio pola túa xenerosidade.


O poeta e os seus versos encheron as miradas de luz

Ningún comentario:

Publicar un comentario