Seguimos "Desenterrando tesouros" e hoxe contamos coa animación de Servando Barreiro. Presentou o seu novo libro-cd "A música da auga", no que ademais da música tamén fixo as ilustracións. Trouxo o seu acordeón co que acompañou as cantigas do espertar da auga, convidando as nenas e nenos a unha viaxe desde o nacemento dun río ata a súa desembocadura no mar atlántico. Nesta viaxe coñecemos as xacias, barqueiros, cesteiros, mulleres que cos seus cestos na cabeza vendían o peixe na lonxa, cantando e contando as súas historias.
E para rematar foi entrevistado en Radio Faladoiro
Moitas grazas Servando e ao consorcio!!!
Muitas grazas pola entrevista e grande pracer estar no voso colexio.
ResponderEliminarAgardo poder vérmonos noutra ocasión con outros traballos.
Forte aperta!
Servando