xoves, 26 de abril de 2018

VISITA DE SERVANDO BARREIRO

Seguimos "Desenterrando tesouros" e hoxe contamos coa animación de Servando Barreiro. Presentou o seu novo libro-cd "A música da auga", no que ademais da música tamén fixo as ilustracións. Trouxo o seu acordeón co que acompañou as cantigas do espertar da auga, convidando as nenas e nenos a unha viaxe desde o nacemento dun río ata a súa desembocadura no mar atlántico. Nesta viaxe coñecemos as xacias, barqueiros, cesteiros, mulleres que cos seus cestos na cabeza vendían o peixe na lonxa, cantando e contando as súas historias.
E para rematar foi entrevistado en Radio Faladoiro









Moitas grazas Servando e ao consorcio!!!

1 comentario:

  1. Muitas grazas pola entrevista e grande pracer estar no voso colexio.
    Agardo poder vérmonos noutra ocasión con outros traballos.
    Forte aperta!
    Servando

    ResponderEliminar