Onte, martes 8 de maio, os compomñentes do club de lectura de adultos xuntáronse para comentar distintos pareceres sobre "Canción dulce" de Leila Slimani. Houbo división de opinións: mentras algúns disfrutaron cunha lectura áxil, as veces frenética, para buscar as causas que levaron a Louise na súa "melancolía delirante" a cometer o infanticidio; outras manifestaban o estupor que lles producía a falta de azos nas decisións dos pais dos nenos, recreándose na súa propia comodidade fronte a unha personaxe que emanaba desvaríos.
O 19 de xuño, será o derradeiro encontro do presente curso. A obra escollida "Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo, publicado pola editorial Galaxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario