mércores, 23 de maio de 2018

CORPUS NO CEIP DA TORRE-CELA

Seguimos "Desenterrando tesouros!!!". No mes de abril visitounos a Asociación de Alfombras de Bueu para ensinar aos alumn@s  como elaborar alfombras na celebración tradicional da nosa zona do Corpus.
Ese día pediron a colaboración dos nosos nen@s na elaboración da súa propia alfombra. Tiveron que decidir a que personaxe querían adicala e a persoa elexida foi: María Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas deste ano.
Cada familia decorou unha letra para formar unha frase dunha obra de dita autora. A escollida foi: "As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos" de Anagnórise.



Ningún comentario:

Publicar un comentario