Hoxe celebramos o último encontro do noso Club de Lectura dos alumn@s. O libro escollido foi: "Muriel" de María Canosa da Editorial Xerais. Foi unha lectura moi atractiva. Gustou os nen@s e transmitiulle sentimentos diversos. Despois da tertulia pensaron en de quen podía ser a carta que eles recibiran e que poría nela. As cartas foron da madriña que leva 4 anos sen ver, dun compañeiro do colexio que marchou fai 3 anos, da súa mellor amiga que vive en Valladolid, do seu avó...
Parabéns rapaces!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario