martes, 19 de xuño de 2018

REMATAMOS O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Tapa da obra publicada por Galaxia
Este 19 de xuño rematamos as xuntanzas do club de lectura de adultos, no presente curso, falando de "Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo publicado pola editorial Galaxia.
Partindo dun inicio onde a existencia de multidude de personaxes parecen desbordar ao lector, unha trama tece ao longo dos capítulos a conexión que os vincula.
"Procurei anotar nun caderno os nomes dos personaxes, afondar nas súas características e descubrir a súa relevancia no argumento; así como o parentesco, amizade,... Deste xeito entrelazaba nomes e satisfacía curiosidades" argumentábase.
"Gustoume, ainda que deixou un certo pouso de amargura cando Amaro, un traballador, un emigrante, un triunfador, vese destrozado pola Guerra Civil e as súas consecuencias ata esnaquizalo";
"O coñecemento da historia debería permitirnos non caer nos mesmos erros", "Gocei coa súa lectura o reflectir de maneira significativa un período, aínda relativamente recente, convulso e inxusto: un dictador é un dictador e así debe estar recoñecido na historia dun país, sen ambigüidades". Foron outras opinións.
Empréstito en https://www.galiciale.gal/
As xuntanzas celebráronse na Biblioteca pública municipal en Cela, no Torrecino, nunha colaboración entre bibliotecas escolares e municipais.
Graciñas a todos!!



Graciñas polo voso tempo e as vosas lecturas: un pracer


Ningún comentario:

Publicar un comentario