![]()  | 
| Fachada da Casa Grande | 
![]()  | 
| Virxe das Neves | 
O alumnado de cuarto e sexto realizou, a chuva descansou por un día, a visita á Casa Grande. O fin era observar o lugar onde, segundo a tradición, apareceu a Virxe dos Remedios.
No interior dos canos da fonte existe unha mesada de pedra na que contan que a virxe estaba pousada.
A auga da fonte recorda o dito "tiña muita virtú" considerándose que favorecía a saúde.
Dentro do recinto visitamos a capela do Santo Antón onde poidemos admirar, esculpida en pedra, a Virxe das Neves. Xa no exterior contemplamos a Virxe do Portal, tamén en pedra, neste caso policromada que durante anos saía en procesión ata o cruceiro do Carballal, portada nunha andia a pesar dos seus estimados 240 kg. Contáronos que no pasado recente algunhas familias facíanlle ofrendas en millo por ser moi milagreira.
| Exterior da fonte cos canos | 
| Interior da fonte co pouso de pedra | 
| Sexto e cuarto despertaron a sede para probar unha auga con tantas virtudes, segundo a tradición | 
| Gracias a Charo polo seu esforzo, o seu tempo, documentarse e... a súa paciencia | 
| Detalle do pé da lagareta na bodega da casa. A ádega serviunos para lembrar a tradición do cultivo do viño en Cela. | 
![]()  | 
| Virxe do Portal ou dos Remedios (detalle) | 
| O roteiro tivera a primeira estación no muíño de Queimaño para lembrarnos das investigacións dos compañeiros | 
| Unha paradiña para falar da toponimia: o Souto de castiñeiros | 
| A fonte do Souto | 
| A fonte de Queimaño aínda deita as súas augas no lugar de sempre | 
| Preto da fonte está o lavadoiro público de Queimaño, agora soterrado | 
| Anotadas as pesquisas nos cadernos e cansados da camiñata, un groliño onde apareceu a virxe dos Remedios xa no Pazo | 



Ningún comentario:
Publicar un comentario