domingo, 21 de outubro de 2018

PREPARANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa falta pouco para o "Día das Bibliotecas Escolares". A principios deste mes abrimos as portas da nosa biblioteca firmando o contrato dos axundantes dos recreos; entregamos as Mochilas Viaxeiras aos alumn@s de Primaria e 5 anos; formamos e escollemos libro no club de lectura dos nen@s; entregamos os cadernos de investigación do noso novo proxecto: "O despertar das sementes"; os alumn@s recibiron a súa formación de usuarios e chegounos unha "Maleta Viaxeira: Por unha biblioteca inclusiva". Cos libros desta maleta faremos o día das Bibliotecas Escolares un apadriñamento lector na hora de ler. 

Axudantes biblioteca

Alumn@s do club de lectura

Cadernos de investigación

Formación de usuarios

Mochilas viaxeiras

Maleta viaxeira

Ningún comentario:

Publicar un comentario