mércores, 31 de outubro de 2018

SAMAÍN E MAGOSTO

Ao longo desta semana, as familias trouxeron cabazas decoradas relacionadas co noso proxecto: "O despertar das sementes". A entrada do colexio e os corredores están decoradas con estes estupendos traballos.


















Hoxe foi un día de moitas celebracións. Comezamos co Samaín, onde os alumn@s pasaron por diferentes obradoiros: maquillaxe terrorífico, manualidades, Trick or treat e conxuro máxico.
















E na nosa biblioteca tivemos "Contos de medo" cunha parella insuperable de debuxante e narradora, Luis Davila e Mari Acuña. 
Os nen@s maiores escoitaron a historia da Fortaleza de San Paio de Narla e o conto: "Jack e a morte". Aos máis pequenos contáronlles: "Tío Lobo", " Un pesadelo no meu armario" e " Los fantasmas no existen". 










Moitas grazas parella!!  Pero o día non rematou aquí...

Despois celebramos o Magosto, onde contamos coa colaboración da ANPA e familias. Despois de degustalas tivemos xogos tradicionais e Disco- medo.





Que ben o pasamos!!!!
 Moitas grazas a todos por este día tan xenial!!

2 comentarios:

  1. Un pracer disfrutamos moito deste día, con todolos nenos e nenas de Cela e a maxia do Samaín na nosa aldea!!!
    Grazas!!!

    ResponderEliminar