mércores, 21 de novembro de 2018

ADEUS MALETA VIAXEIRA

Durante un mes tivemos no noso colexio a maleta viaxeira: "Por unha biblioteca inclusiva". Foi unha experiencia estupenda. Comezamos desfrutando o Día das Bibliotecas Escolares e despois foi visitando as aulas nas horas de ler.






 Algúns foron traballados coa mestra de Pedagoxía Terapeútica. Comezaron con "Rufus. El murciélago que adoraba los colores". Os alumn@s de 1º a 4º de Primaria decoraron  a Rufus con diferentes técnicas plásticas.


Os alumn@s de 3º a 4º de Primaria leron "Siete ratones ciegos" e conversaron sobre os diferentes puntos de vista.


A mestra de apoio cos nenos de infantil traballaron "Non é unha caixa". Comezaron pola lectura e despois fixeron unha sesión de psicomotricidade vivenciada, onde xogaron coas caixas libremente desenvolvendo a súa imaxinación e creatividade.










Moitas grazas Maleta!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario