sábado, 17 de novembro de 2018

SAÍDA Á CORUÑA

Esta semana os alumn@s de 3º a 6º de Primaria visitaron o MUNCYT, museo de ciencia e tecnoloxía na cidade da Coruña. Foron recibidos cun robot, entraron nun Boeing 747, comtemplaron antigas maquinarias de transporte, coñeceron utensilios científicos e realizaron obradoiros para experimentar os efectos dos incendios na terra. Esto último relacionado co noso proxecto: "O despertar das sementes". Para rematar a xornada visitaron o Aquarium Finisterrae, onde os cativos desfrutaron  moito.










Ningún comentario:

Publicar un comentario