O xoves celebramos o Día da Poesía coa visita da poetisa buenense Míriam Ferradáns. Maiores e pequenos desfrutaron e se empaparon da súa paixón pola literatura galega e a poesía en xeral. Escoitamos e lemos versos, xogamos con verbas, creamos e deixamos voar a imaxinación. Ata nos agasallou con fermosas poesías inspiradas no noso proxecto: "O despertar das sementes".
HAI UN BOSQUE MÁXICO
UNHA LARANXEIRA
ÁS AFORA DA ALDEA
NO MEDIO DA HORTA
QUE TEN NAS ÁRBORES
CON DUAS LARANXAS
CENTOS DE ESTRELAS.
E UNHA PORTA...
Moitas grazas Míriam!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario