E chegou o día tan esperado no noso cole. E aínda que a situación non nos permitía celebralo como en anos anteriores non podíamos deixar que se notara, así que decoramos o multiusos e puxemos as cabazas decoradas coa temática do proxecto; SuperARTE de cada curso nun lugar, fixemos obradoiros con moita ARTE e pedimos a colaboración ás familias para a sesión de contos terroríficos vía vídeo.
O equipo de dinamización da lingua fixo unha proposta para reproducir cadros de medo de pintores galegos que tamén serviron de decoración no multiusos.
Organizamos a mañá tal e como o protocolo marca, sen mesturarnos. Tod@s pasamos pola biblioteca para a visualización de contos e polo multiusos para a sesión de fotos. Logo cada quen desfrutou do día facendo obradoiros de manualidades, baile ou sesión de cine: SuperARTE!
VOS DEIXAMOS ALGÚNS ENLACES DOS CONTOS. Grazas a todas as familias que participastes!
A nena do Samaín contado por Rubén Bastón
O Tío Lobo contado pola familia de Sara e Roi Bastón
A Bruxa Regañadentes contado por Mara
A Figueira de Pelostortos contado por Sara Parada, Xoel e Daniela
E por suposto, pasamos por Radio Faladoiro para explicar a nosa programación. Non vos perdades o programa realizado por primeiro e segundo de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario