Hoxe celebramos os dereitos da infancia. O alumnado de infantil durante a asamblea escoitou a canción de UNICEF con pictogramas dos dereitos dos nen@s. Tampouco faltou o traballo con contos no que descubrimos que todos somos iguais pero diferentes pero TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS.
Traballamos cancións con pictogramas e incidimos na importancia deste recurso que utilizamos moito nas aulas ao contar con alumnado TEA. E decimos que durante a xornada, empregariamos este medio de comunicación.
Feliz día dos dereitos da Infancia!
Feliz día dos dereitos da Infancia!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario