Durante este mes de xaneiro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria, traballamos nun novo contexto lingüístico centrado na celebración do día da Paz. Para elo enlazamos a temática coa nosa PDI SuperARTE, e investigamos a personaxes coñecidas pola súa implicación no rexeitamento de inxustizas sociais. Coñecemos a Concepción Arenal na literatura,a Picasso, na pintura, coa tan coñecida pomba da Paz nos seus cadros, Jhon Lenoon como músico e a estatua da Liberdade.
Reproducimos un cadro de Bansky, artista urbano, famoso por no coñecerse a súa identidade centrado en visualizar problemas sociais inxustos. En cada corazón puxemos palabras que desprenden Paz e imaxes relacionadas coa mesma.
No recanto creativo traballamos o cómic e no recanto Faladoiro pasamos pola nosa biblioteca para escoller fermosos libros e crear historias cos títulos; unha actividade centrada no tema da bibliotecas escolares deste ano, Xeografías Lectoras. Aquí vos deixamos algúns dos enlaces.
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario