O 13 de febreiro celébrase o día Mundial da Radio. Nese día emisoras de todo o mundo, elaboran una programación especial para conmemoralo. A A.C.P. Ponte... nas ondas! pioneira da radio no ámbito escolar propúxonos a elaboración dun PODCAST de como é a nosa radio, e foi o alumnado de segundo de primaria o encargado de facer este programa. Podedes escoitalo aquí.
Tamén participamos na proposta de radio Espora, nesta ocasión os alumnos/as de sexto de primaria foron os protagonistas e fixeron un marabilloso programa coa colaboración das familias.
Aquí podedes escoitar o programa completo, e no seguinte só o corte do noso alumnado.
Durante esta semana tamén tivemos a formación de radio a cargo de Soledad Felloza para o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria onde seguimos aprendendo.


Vos deixamos un dos últimos programas realizados polo noso alumnado de cuarto
Especial día da Paz
E que viva radio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario