venres, 23 de abril de 2021

23 de abril, DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro. Durante todo o mes levamos facendo actividades CREAtivas para chegar a construír grandes lectores, impulsando o lema deste curso das bibliotecas escolares"Xeografías lectoras". E hoxe pasamos pola biblioteca para visualizar algúns dos traballos realizados polo alumnado; lapbooks, cartaces, marcapáxinas, e booktoubers. 

  

  

Entre todos fixemos un mural co título ExpresARTE,  que é para ti un  libro?


  


Os máis maiores traballaron a Miguel de Cervantes e a súa obra "El Quijote", a través de Draw my life, onde non faltou a creación dun muíño de vento, típico da Mancha e da obra. Tamén xogaron ao Tabú, un xogo preparado especialmente para o alumnado con obras coñecidas e lidas por eles durante estes cursos.

  


 No tempo de lecer, tivemos a actividade de HOXE NO PATIO, LIBRO. Con esta actividade queremos fomentar á lectura e motivalos para que adiquen parte do seu tempo libre a ler. Torriño agardábanos na biblioteca para recibir  un agasallo para conmemorar este día tan especial no noso cole.

  


  


  

Aínda nos quedan algunhas animacións lectoras para a culminación deste mes tan especial para a lectura, os lectores, as bibliotecas escolares...

Mentres tanto...que siga a lectura!



Ningún comentario:

Publicar un comentario