Celebramos o día dos maios, unha tradición galega perdida no noso pobo, que coa axuda dunha Asociación Cultural local, queremos axudar a recuperar. O noso Maio este curso chamouse SuperARTE. O adornamos con fiuncho, xestas e flores de cores. A decoración do mesmo fíxoa o grupo de infantil 5 anos baixo a direción da coordinadora de dinamización da lingua. O resto dos cursos de infantil, primeiro e segundo, realizaron colares e manualidades sobre o Maio, e cantaron coplas con letra sobre Proxecto, que podedes escoitar neste vídeo.
O alumnado de quinto e sexto de primaria centrouse na investigación sobre a festa . Se tedes algunha inquedanza sobre os Maios, escoitade este programa de Radio Faladoiro realizado polo alumnado de sexto sobre os Maios. Ao final, o grupo de cuarto canta as coplas que eles mesmos escribiron.
Outra actividade que fixemos foi programar os Mbot para realizar accións relacionadas coa festa dos Maios.
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario