Na aula de 4 anos, no terceiro trimestre, estivemos investigando aos dinosaurios facendo actividades relacionadas coa Arte.
Despois de observar como é o seu nacemento dun ovo, un día atopamos na aula pisadas de dinosaurios que nos levaban ao conto: “Desplegable gigante Dinosaurios”. Nel descubrimos como son algúns destes animais xa extinguidos. Despois medímonos coas pegadas de dinosaurios, medimos a aula e xogamos con moitos dinosaurios de xoguete.
Noutra sesión coñecemos a pintores de cadros de dinosaurios: Zdenek Burian e Serguei Krasouski. Despois fixemos os nosos cadros de dinosaurios que se poden ver con luz negra.
Outros días lemos contos desta temática como: “Brrrr! Grrrrr! Dinosaurios!”, “Adoptar un dinosaurio”
Fixemos un pequeno experimento: metemos nun globo un dino, puxemos auga e conxelamos. Ao día seguinte, observamos como se desconxelaba.
Coñecemos o oficio do Paleontólogo e descubrimos un fósil dun bloque de arcilla.
Coñecemos a séptima arte. O cinema. Fixemos a nosa entrada e caixa para palomitas e desfrutamos dunha película de dinosaurios.
E, por suposto, tamén aprendemos moitas cancións de dinosaurios!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario