E seguimos traballando as nosas letras, unha labor que desenvolvemos durante todo o curso pero que neste mes de Maio acentúase. Hoxe vos ensinamos traballos realizados ao redor de Xela Arias no Contexto Lingüístico de primeiro e segundo de Primaria. Elaboramos un Genially sobre a súa biografía e utilizamos o croma e a radio escolar para dar voz a uns versos de Darío a Diario recollidos nun conto de Os Bolechas. Tamén decoramos un lapbook con frases, palabras e símbolos da nosa identidade.






Non vos podedes perder os nosos programas de Radio para homenaxear a Xela Arias
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario