Seguimos coñecendo artistas e representando a súa obra. Na clase de plástica coñecemos a figura de Keith Haring, artista e activista social, influenciado por Walt Disney. Estudiou arte e comezou a facer grafitis debuxando con rotulador imaxes no metro de Nueva York. Tamén son características del, as historias debuxadas con tiza branca.
Hoxe quixemos reproducir ao noso xeito unha das súas obras. Nos tumbamos sobre o papel continuo e perfilamos a nosa silueta, logo pintamos con témpera a esponxa e decoramos o exterior con rotulador. Repetimos a actividade sobre o chan do noso patio con tizas. SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario