xoves, 10 de xuño de 2021

Encontro virtual con Ana Alonso en 5º e 6º de primaria

Ana Alonso tamén estivo co alumnado de quinto e sexto de primaria. Nesta ocasión  o reporteiro da actividade foi Manuel Soliño de sexto de primaria. Bo traballo Manuel!

Onte, martes 8 de xuño, tivemos unha vídeo-conferencia coa escritora e tradutora Ana Alonso.

Comezou dicíndonos que cando estaba en 5º de primaria, publicaba na revista escolar,  

pero cando chegou aos 13, deixou de ensinarlle a xente os seus escritos e comezou a escribir en segredo. Gardábaos todos no armario, debaixo da roupa.

Ao chegar a universidade estudou Ciencias Biolóxicas e un día, lendo o xornal, atopou un anuncio dun concurso de poesía; lembrouse de todos os cadernos que tiña cos seus escritos e decidiu participar.

Os premios que lle daban ao gañador do concurso eran os seguintes: un pouco de cartos, publicar o libro de poesía e unha viaxe a París. Afortunadamente gañou, e iso fixo que seguira participando en concursos para poder publicar as súas poesías.

Ao nacer o seu fillo, comezou a escribir literatura infantil e xuvenil, para que el puidera lelos cando fora máis maior.

Ana Alonso, fixo o libro “Los tres peregrinos” por unha simple razón: non podía facer o Camiño de Santiago. Isto débese a que cando tiña 10 anos sufriu un accidente de coche co que partiu todos os ósos do pé.

Para min o máis importante é que respondera ás miñas preguntas: por que pasou a maior parte da súa vida en León e por que coñece tan ben Galicia.

En xeral, gustoume moito a vídeo-conferencia e a súa forma de velo todo... cunha Pizca de sal.

Manuel Soliño




Ningún comentario:

Publicar un comentario