Hoxe tivemos un encontro virtual con Ana Alonso, unha das nosas escritoras favoritas desde que aprendemos a ler e ata que saímos do colexio. Neste curso limos "Mat y la fama" en primeiro, e "Robo en el circo" e "La guerra de los dragones" en segundo de primaria.
Ana Alonso falounos de como se xestaron as historias, as ilustradoras que a acompañaron en cada unha das publicacións; Antonia Santolaya e Violeta Monreal, e outras connotacións da súa vida de escritora.
Tamén accedeu a contestar as preguntas dos inquedos lectores que estamos a formar; cal foi o seu primeiro libro, cantos libros leva escritos, como se lle ocorreron as historias...
Coma sempre moi agradecidos a Editorial Anaya e a ela por achergarnos ao máxico mundo da literatura.
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario