martes, 19 de outubro de 2021

Día das escritoras

Esta semana celebramos o día das escritoras, que dende 2016 busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Este ano celebrouse a VI edición baixo o lema "Ler as idades da vida".

Marifé Santiago Bolaños comisaria desta edición di: "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

 Celebramos o Día das Escritoras porque elas teñen que loitar máis para que editen os seus libros e tamén para ser lidas. Non hai tanto que moitas mulleres tiñan que usar seudónimos masculinos se querían publicar as súas obras. Cada vez coñecemos máis mulleres escritoras e… encántannos as súas historias!

Ao chegar á biblioteca había unha sorpresa, unha colección enorme de libros con autoras femininas que seleccionara Torriño! 


Algúns dos títulos que máis  gustaron foron Acuario 2, de María Canosa, o clásico Corre Corre Cabaciña e Tres desexos, de Eva Mejuto, o divertido Cara de velocidade, de Marga Tojo, ou Escarlatina e a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, outra autora que nos encanta. Divertímonos xogando coas súas palabras e imaxinando qué máis cousas se contarían nos libros. 

        

Gozamos de lecturas, sesións de contacontos e investigación de biografías de autoras galegas.

  

 


Escritoras do mundo, seguirémosvos de cerca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario