xoves, 24 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

23 de Febreiro "Día de Rosalía de Castro" , toda a comunidade educactiva homenaxeamos a esta ilustre da nosa lingua galega.

Participamos nas propostas de AELG "Sementando pensamentos", e coa colaboración de Voz Natura todo o centro plantou estas fermosas flores. E ampliamos a proposta  inventando poemas a partir de versos escollidos do poemario de Rosalía! 

Ademais os nen@s de 1º e 2º no contexto lingüístico fixeron un mural da liña do tempo da biografía de Rosalía.















Aproveitamos a nosa semana de Entroido para que Torriño nos mande unha consigna moi especial para este día 23 :  

"POLO DÍA DE ROSALÍA ... PENSAMENTOS E MÁIS FLORES TODO O DÍA" .






E na radio os cativos de 4 anos recitaron o poema de "Adiós ríos, adiós fontes" e remataron cun vídeo elaborado no croma. O podedes ver no seguinte enlace: Poema de Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario