No mes de febreiro, na biblioteca tivemos unha exposición con libros de emocións que se traballaron nas aulas.
Nas aulas de Infantil e 1º e 2º de Primaria un dos contos traballados foi; "Qué bigotes me pasa?". Coñecemos e expresamos diferentes emocións e vimos as imaxes coa linterna de luz negra.
Outros contos traballados en Infantil foron: "Así es mi corazón", "Qué és el amor?" e "Adivina cuanto te quiero".
O alumnado de quinto realizou unha actividade para destacar os aspectos positivos de cada unha das persoas do grupo e representar a rede de amizade que une á clase.
Trala lectura da historia de ‘O fío vermello’, saíron ao patio e foron dicindo aquelas cualidades que máis valoraban dos seus compañeiros/as. Cada vez que alguén dicía algo dun compañeiro/a á vez tiña que lanzarlle o nobelo de lá. Ao rematar a actividade, observamos que estamos todos e todas conectadas por un fío vermello de amizade.
Outra actividade que fixeron foi a "Receita para a amizade e o amor". O alumnado, por grupos, escribe unha receita para cociñar unha perfecta amizade. Despois, cada grupo expón esa receita ao resto da clase.
No contexto lingüístico de 1º e 2º de Primaria relacionaron as emocións coas cores, comidas, películas, cancións, obxectos...
Os nenos e nenas de 3° de Primaria reflexionaron sobre distintas emocións ao longo do mes de febreiro, a partir do libro "Diario de las emociones" de Anna Llenas.
Unha das emocións que máis lles gustou traballar foi a rabia. Descubriron que é como unha explosión interna, un rexeitamento, unha molestia, enfado, ira… e que ás veces sae de forma pouco controlada. Pero para moitas cousas, é necesaria.
Tiveron que aprender a canalizala a través da arte, así que debuxaron de que forma pode saír do noso corpo: saíron dragóns, cans de varias cabezas, furacáns, e ata palabras fortes!
Seguiremos nesta montaña rusa de emocións, porque coñecernos sempre nos axuda a querernos un pouco máis e a aprender a ser máis felices.
Ningún comentario:
Publicar un comentario