O luns visitounos a profe Ami, sobriña de dona Amalia, antiga mestra do noso colexio.
Dona Amalia foi unha adiantada ao seu tempo, muller loitadora que estudou para convertirse en mestra, cando estudar e traballar era cousa solo de homes.
Dona Amalia foi mestra en Cela dende o ano 1954, primeiro nas escolas unitarias e máis tarde como parte do primeiro claustro do actual cole. Comprobamos que avoas e avós do noso alumnado foron alumnos seus.
Grazas Ami por contarnos esta historia e emocionarnos a todos.
Podedes escoitar a entrevista en radio Faladoiro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario