Na materia de Robótica, onde traballamos todos os ámbitos STEAM, comezamos a familiarizarnos coa linguaxe da programación.
Facemos un percorrido por distintas fases para avanzar desde programacións máis sinxelas ás máis difíciles, e logo poder crear desde cero as súas ideas. Quen sabe que prototipos serán capaces de artellar?
Como vai bo tempo, podemos traballar ao aire libre, e así inspirámonos. A primeira sesión foi moi ben, o alumnado de 6°ten moita intuición. Hoxe propuxeron algunhas ideas moi orixinais para traballar ao longo do curso, como empregar a robótica para axudar á xente que ten dificultades na vida cotiá.
Seguiremos contándovos os nosos avances!
Ningún comentario:
Publicar un comentario