sábado, 24 de decembro de 2022

Conto de Nadal. Arriba o telón!

O martes 20 de decembro abrimos o telón coa representación teatral  de Conto de Nadal de Charles Dickens escrito no ano 1.843. Fixemos unha adaptación do guión   á nosa contorna e non faltaron os doces típicos, os aires do "Morraso", o bacallao con coliflor, o Scrooge armador roñoso...e todo integrado  dentro dun musical no que fomos introducindo actuacións de tod@s os cursos.

Como a ocasión o merecía, a representación tivo lugar no Centro Social de Bueu grazas a colaboración do Concello. Tamén contamos coa axuda desinteresada  de pais  e do equipo Sonoros.

Coa mensaxe de que a esperanza dos nen@s será sempre a esperanza dos adultos, Dickens profundiza en valores esenciais como a bondade, a empatía e a solidariedade cara aos máis necesitados. E aproveitamos a ocasión para traballar transversalmente.

 Cun gran esforzo por parte do equipo de profesor@s e dos actores e actrices,  foi un gran éxito, un día para non esquecer...








Non queremos desaproveitar a oportunidade para desexarvos a tod@s un Bo Nadal e un Feliz 2023 e... MOITO MOITO TEATRO!. ARRIBA O TELÓN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario