luns, 29 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023. ARRIBA OTELÓN!

O 17 de maio  deste 2023 cumpríronse  60 anos do 1º día das Letras Galegas. Precisamente o homenaxeado, Francisco Fernández del Riego foi o inventor desta celebración. Activista, intelectual, presidente da Real Academia Galega, gran impulsor das letras e da cultura galega moderna e cofundador da Editorial Galaxia. Recibe este homenaxe por estas e moitas máis razóns, pero en especial pola súa labor de editor.

Rike escribiu" a verdadeira patria dos homes é a súa infancia"

E nós, botamos atrás a memoria para rescatar, traducir e editar en formato teatral contos clásicos con tramas máis modernas. O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas por todo o alto, cunha representación que veu ser o produto final do noso PDI "A  noite dos contos estilo Cela", cun fío condutor narrado polo alumnado de sexto, cada nivel versionou e  adaptou ao teatro un conto. O traballo posou pola aprendizaxe do guión, a posta en escena, a confección de vestiario e atrezzo, a montaxe, a iluminación, o son, a edición de carteis e entradas ... un espectáculo completo que quere por o broche de ouro a este proxecto que tanto nos deu. ARRIBA O TELÓN!




Como vos dicíamos, todo isto puxémolo en práctica o martes día 16, no Centro Social do mar de Bueu e acompañáronnos moitas familias e a comunidade educativa.

Aquí vos deixamos unha recompilación de bos momentos da representación da nosa obra "A NOITE DOS CONTOS ESTILO CELA".











Agardamos que desfrutarades tanto como o fixemos nós! 

Que boa maneira de celebrar!
ARRIBA O TELÓN!














Ningún comentario:

Publicar un comentario