luns, 29 de xaneiro de 2024

25 N

Polo 25 de novembro, Día da NON Violencia contra a muller, realizamos a xa tradicional marcha contra a violencia pola parroquia.
Armados coas nosas pancartas subimos ata o Adro da igrexa de Cela para alí compartir un Manifesto Musical a cargo do alumnado de 6º.
Foi unha mañá de reflexión e de compartir coas familias que nos acompañaron, gritando ben forte pola igualdade e contra a violencia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario