mércores, 12 de xuño de 2024
"¿Quien dijo miedo?"
O grupo de 5º de infantil recibiu unha visita moi especial.
Unha vez máis recibimos ás fantásticas familias que forman parte da nosa comunidade. Neste caso, mamá e tía presentáronnos un conto moi especial.
O conto está escrito e ilustrado por Ana Sánchez, tía dunha das alumnas, quen acompañou tamén á mamá da mesma alumna para facer para todo o grupo a presentación.
Ana é profe nunha academia de artes plásticas (Alquimia) en Pontevedra. O conto amosa como o cotiá convértese en extraordinario cando aplicamos a luz e o enfoque axeitados.
Despois de escoitar o conto decoraron un lucecú nun anaco de madeira e recibiron un pin cunha estrela, agasallo da autora.
Grazas pola visita e por presentarnos este fermoso conto!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario