Hoxe na biblioteca vivimos unha xornada inesquecible dentro das actividades programadas de T + t. Os padriños e apadriñad@s, tras semanas de encontros, investigación e moito ensaio, compartiron os seus traballos cun público entregado e curioso. Cada parella converteu o espazo nun auténtico escenario de ilusión, onde a creatividade e a complicidade foron protagonistas.
Cada presentación foi única, reflexo do traballo colaborativo e da imaxinación posta en marcha. Os nenos e nenas, demostraron que a aprendizaxe pode ser tamén un espectáculo, onde a expresión oral, a posta en escena e a emoción se mesturan para crear momentos memorables.
A biblioteca,converteuse nun espazo de encontro, de soños compartidos e de aprendizaxes que van moito máis alá das páxinas dun libro.





Que a maxia continúe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario