Comezamos unha nova aventura na biblioteca do cole. O club de lectura de nais, pais e profes arranca coa lectura de “Pel de cordeiro”, de Ledicia Costas.
A primeira reunión foi unha toma de contacto na que pudiemos desfrutar da charla e do amor pola lectura. Cada membro recibiu un agasallo: un marcapáxinas feito coa cortadora láser.
Os seguintes títulos que lerán son “El mejor del mundo” de Juan Tallón e “A saga das curandeiras” de Marisa Castro Cerceda.
Se estades interesados facédonolo saber! Seredes benvidos!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario