Este libro trata duns nenos dun colexio especial, que se levaron un gran disgusto xa que o seu colexio se inundou e tiveron que trasladarse ao cole de nenos e nenas 'normais'. A partir dese momento abriron unha investigación para saber quen foi o culpable. Alí foi cando empezaron todas as catástrofes desde a inundación ata a visita ao zoo, unhas catástrofes cheas de emoción como o da clase de seguridade vial, a catastrófica clase de ximnasia...
Durante a lectura na aula, o alumnado de quinto íamos facendo un mural das personaxes e catástrofes que ían aparecendo.
Ao rematar o libro xuntámonos, profes e o alumnado de 5º e 6º para intercambiar opinións e impresións. Fixemos preguntas sobre cal foi o noso personaxe favorito, os valores que transmiten, a nosa escena favorita...
Recomendamos este libro porque ten valores moi importantes sobre a inclusión, sobre a diversidade e o respecto. Os nenos e nenas protagonistas tamén transmiten moita positividade e son moi graciosos.
Ao rematar o libro xuntámonos, profes e o alumnado de 5º e 6º para intercambiar opinións e impresións. Fixemos preguntas sobre cal foi o noso personaxe favorito, os valores que transmiten, a nosa escena favorita...
Este libro é adecuado para todas as persoas, sen importar a idade!
Se che gusta partirte de risa este libro esta feito para ti.
Texto elaborado polo alumnado de quinto de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario